A integración do inmigrado no lugar de destino

Please download to get full document.

View again

All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
 0
 
  A integración do inmigrado no lugar de destino
Share
Transcript
    A integración do inmigrado no lugar de destino   O caso galego en Río de la Plata (1880-1930)   Álvarez-Calderón Vaquero, Andrés Calvete Caramelo, Javier Ramón Cuba Veiga, Helena Fernández Quinteiro, Sara García Martínez, Lucía  A integración do inmigrado no lugar de destino   O caso galego en Río de la Plata (1880-1930)  2 ÍNDICE: INTRODUCIÓN ……………………………………………………………………………………………………… .. p. 2 I.   CONTEXTUALIZACIÓN TEMÁTICA ………………………….………………………… . p. 2- 5 II.   DESENVOLVEMENTO DOS EPÍGRAFES …………………………………………… .. p. 5-15 a)   INTEGRACIÓN LABORAL E ECONÓMICA …………………………………… ..p. 5- 10 b)   INTEGRACIÓN SOCIAL ……………………………………………... ................ p. 10- 15 CONCLUSIÓNS …………………………………………………………………………………………………  p. 16-17 BIBLIOGRAFÍA ……………………………………………… .. ……………………………………………….. p.  18-19  A integración do inmigrado no lugar de destino   O caso galego en Río de la Plata (1880-1930)  3 INTRODUCIÓN: A existencia de conexións dende épocas anteriores, pero especialmente entre os anos 1880 e 1930, fixeron que un amplo colectivo galego se vira embarcado nun dos procesos que definiron de xeito radical a historia da nosa comunidade. A emigración galega da época propiciou a saída de máis dun millón de galegos onde o Río de la Plata xogou un papel determinante como centro de destino. No presente traballo queremos abordar este tema dende unha perspectiva máis concreta, analizando en que medida a integración dos emigrados no lugar de recepción, podería actuar como factor de atracción de máis emigrantes. Era un grupo endogámico, o galego? A forma en que nos vaiamos introducindo nos distintos puntos da análise serviranos para aclarar dita integración dos nosos predecesores emigrados. Nesta análise atoparémonos con factores que favorecen dita integración e outros que, se ben non a impidan, fagan que se lles resista. Poderiamos destacar neste lugar, o cambio cultural máis o cambio climático e medioambiental das comunidades rioplatenses, un medio alleo, moi diferente ós húmidos e fríos campos e bosques galegos. I.   CONTEXTUALIZACIÓN TEMÁTICA: Con todo, antes de analizar de maneira pormenorizada estes aspectos, cómpre bosquexar certos trazos relacionados coa emigración como fenómeno, en termos xerais. Nela, interveñen catro factores importantes, dous de tipo económico: en orixe, a situación de desequilibrio entre o crecemento económico e, no destino, as posibilidades de absorción laboral da man de obra, xunto cos atractivos sociais, que son os aspectos que analizaremos con maior profundidade. Os outros factores refírense ó propio desprazamento: as facilidades para efectualo e os recursos e apoios necesarios no traslado máis na instalación. No tocante ós factores de expulsión ou  push , cabe sinalar que en Galicia sempre houbo un baixo grao de mobilidade social, polo que co progreso económico, o galego tamén buscaba o progreso ou ascenso, de carácter social. Hai que engadirlle a isto o crecemento demográfico en Galicia, traducido nunha realidade na que hai un elevado número de persoas en idade de traballar pero sen posibilidades de facelo. Por último,  A integración do inmigrado no lugar de destino   O caso galego en Río de la Plata (1880-1930)  4 aínda que non con carácter xeral, o galego tamén buscou evadir a obriga do servizo militar. Referíndonos ós factores de atracción ou  pull , atopámonos co crecemento que experimentaba, neses intres, a economía rioplatense xa desde mediados do século XIX. Consecuentemente, este crecemento xera unha alta demanda de man de obra, que será ocupada nunha gran medida polos altos continxentes de inmigrantes europeos, nos que o galego era un grupo destacado. Deste xeito o goberno arxentino porá en marcha políticas favorecedoras para a atracción dos emigrantes, promulgando leis que faciliten ditas ondadas migratorias, chegando incluso a subvencionar viaxes particularmente, aínda que fora nunha ínfima porcentaxe. Así a rexión americana, ofreceulle ós inmigrantes unha posibilidade de ascenso social e económico que funcionou como o principal factor de atracción. Con todo, a emigración tiña un principal inconveniente: o pago. Isto fainos pensar en que o perfil do emigrado non sería o do máis pobre e sen recursos, senón que se trataba de xente que tiña algo que dar a cambio -terras, gando, cartos, etc.-. Os máis ricos perdían gran parte da súa riqueza, e os non tan ricos endebedábanse, chegando incluso a traballar co fin de financiar dito pago, prorrogando, o carácter aforrador da viaxe de un a dous anos. Superado este problema, preséntase un novo: a incerteza do que se vai atopar no novo continente. Aquí entran en xogo os distintos mecanismos facilitadores, dentro dos cales poderiamos considerar precisamente a integración dos emigrados en vagas anteriores. Dous elementos clave, neste sentido serían a información acerca do mercado laboral e as posibilidades de medrar neste, detallado nas cartas dos familiares -aínda que ben é certo que houbo recrutamentos por parte dos propios arxentinos e uruguaios buscando traballadores, cobrando comisión por elo- dando lugar á formación de verdadeiras cadeas de migración. Así pois, no caso galego, parecen moi significativo este tipo de mecanismo, aos que hai que engadir a vantaxe de vivir relativamente preto ós portos migratorios das Rías Altas e das Rías Baixas. Como xa dixemos, para emigrar había que dispor de certa cantidade de cartos, polo que deste xeito, abaratábase bastante a viaxe, xa que non había que facer dous longos desprazamentos, gastándoo case todo chegando ó porto sinalado.  A integración do inmigrado no lugar de destino   O caso galego en Río de la Plata (1880-1930)  5 Ademais dependendo dos portos había diferentes destinos, os portos das Rías Altas, destacando o de A Coruña, tiñan como principal destino Brasil e o Río de la Plata. Retomando co principal medio precursor da devandita viaxe, os intercambios familiares de información, cabe sinalar varios aspectos, que posteriormente estenderemos en maior medida. A primeira ondada de emigrados non o fai cun carácter definitivo, ou ao menos, esa é a idea que ten no momento de embarcar e de arribar no Río de la Plata. Que cambia? Pois ben, nas primeiras décadas do novo século, a integración no eido laboral da muller, propicia un cambio na tendencia do home como suxeito principal da emigración, chegando a viaxar, en moitos casos sola, ca finalidade ou ben de volver ca súa familia, ou ben, de labrar unha nova vida 1 . Os membros familiares emigrados botaban de menos a parte persoal que deixaran atrás, e da mesma maneira poden sentirse sobrecargados pola demanda de axudas de ditos familiares, co que, propicia o traslado da seguinte xeración, así como do conglomerado familiar actual: irmáns, primos, a sinalada muller, etc. Esta transmisión de información consolidouse na segunda ondada migratoria. Os emigrados mantiñan unha forte relación ca súa orixe, xa que, en moitos casos eran familias fracturadas só pensando en reunirse de novo, co que se fomenta o proceso migratorio porque as cadeas funcionan como factores positivos de información, de financiamento e de inserción do emigrante no novo país 2 . Así cando alguén emigraba, informaba a familiares, amigos e veciños das novas oportunidades que existían ó outro lado do Atlántico. As cadeas de emigrantes xeralmente tiñan un carácter familiar. O emigrante xa establecido en Arxentina reclamaba a chegada de algún familiar, facilitando a súa chegada, e na maioría dos casos o recente chegado introducíase no negocio que o seu familiar conseguía formar. Deste xeito facilitábase enormemente a emigración. Moitos emigrantes mediante este “ efecto chamada ” sabían dun destino seguro de chegada e coñecían alguén no destino e as opcións laborais do mesmo. Unha vez alí, e seguindo esta dinámica favorecedora da integración social, este proceso 1   CAGIAO VILA, P.: “A muller galega na emigración a Cuba e Arxentina (1870 - 1930)”. Universidade de Santiago de Compostela[en línea].Dispoñible en : < file:///C:/Users/NUEVO/Downloads/Dialnet-AMullerGalegaNaEmigracionACubaEArxentina18701930-2676047.pdf > [Última consulta : 05 Decembro 2015] 2   VÁZQUEZ GONZÁLEZ, A. (1990): “Coordenadas de la emigración gallega a América (1850 -1930): un estudio comparativo”, en  Revista da Comisión Galega do Quinto Centenario,  nº 4, p. 27
Related Search
Similar documents
View more
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks